A empresa Syva confirma o seu compromiso co medio ambiente e segue reducindo a súa pegada ambiental ao dar un gran paso cara a unha maior eficiencia enerxética coa instalación de máis de 3.000 metros cadrados de paneis fotovoltaicos nas cubertas do seu centro de produción no Parque Tecnolóxico de León.
Xusto despois da celebración do Día Mundial do Aforro de Enerxía, a compañía anuncia que empezou a producir os seus primeiros quilowatts de electricidade: "Trátase dun paso importante na vida da nosa empresa, que se comprometeu a reducir o impacto das súas actividades no medio ambiente, mellorando constantemente a súa eficiencia enerxética e reducindo a súa dependencia dos combustibles fósiles, como parte dun enfoque de desenvolvemento sustentable", declarou César Carnicer, director xeral de Syva.
O proxecto de enerxía fotovoltaico de Syva forma parte dun plan de eficiencia enexética. Así, esta empresa de alta tecnoloxía está comprometida a nivel social co ecosistema One Health. A instalación de 1.535 paneis fotovoltaicos é a primeira e máis importante fase do plan ecoSyva para os próximos 7 anos, co obxectivo de reducir drasticamente a súa dependencia enerxética e a súa pegada de carbono para 2030.