Syngenta lanza a súa canle de podcast "Alimentando con innovación, o campo fala"

Os xornalistas especializados Soledad de Juan e Pablo Rodríguez, do programa Onda Agraria (en Onda Cero), dirixirán a nova canle de podcast de Syngenta "Alimentando con innovación, o campo fala". Os contidos buscan achegar o medio rural a un público máis amplo mediante un repaso da actualidade da compañía e de temas de interese do sector, relacionados coa sustentabilidade, a innovación, a política agraria, etc. Os podcasts estarán dispoñibles en Sopotify e iVoox, ademais do blog de Syngenta, e terán unha duración de 15 e 20 minutos.

O primeiro podcast é unha entrevista ao novo director xeral de Syngenta para a Unidade de Negocio de Protección de Cultivos para España e Portugal, Ronan De Hercé, quen repasa a súa traxectoria profesional, aborda os seus compromisos co sector e fala dos retos do futuro a medio e longo prazo.