Sygenta nomea o seu novo director xeral da súa Unidade de Negocio de Protección de Cultivos para España e Portugal

Syngenta anunciou o nomeamento de Ronan De Hercé como novo director xeral da súa Unidade de Negocio de Protección de Cultivos para España e Portugal. O novo director ocupará o cargo que deixa Robert Renwick, quen foi nomeado director da área de Sustentabilidade do Negocio para Europa, África e Medio Oriente (EAME).

Ronan ten un MBA pola London Business School e é Master en Gestion deas Ressources da Defense, pola Ecole Spéciale Militaire de Saint-Cyr de Francia. O novo director afirma que "é unha gran satisfacción asumir a dirección xeral dunha filial tan importante como Syngenta Iberia. Ao mesmo tempo, é un gran reto xa que Syngenta é a unha das principais empresas de protección de cultivos en España e Portugal, e está firmemente determinada a seguir apoiando un sector agrícola competitivo e comprometido co coidado do medio ambiente e a acción polo clima".