SPV Power, de Kuhn: “Realiza unha ración moi esponxosa, a súa fresa carga moi rápido e o seu consumo é moi reducido”

Satisfacer as necesidades das ganderías en función da súa capacidade de negocio é un dos obxectivos da ampla gama de carros mesturadores da marca francesa Kuhn. Nesta reportaxe de Vaca Pinta 35, Sergio Hernando, responsable de Produto en Kuhn Ibérica, e Esteban Fernández, delegado comercial de Kuhn Ibérica para o noroeste de España, presentan as vantaxes do carro autopropulsado SPV Power 15.1.

Ademais, os socios da SAT Dorna (Lugo) Luís Castro, Ramón Cordido e Marcos Gandoy comparten a súa experiencia con este equipo, co que levan traballando tres anos.