Specialty Days: New Holland retoma a súa formación presencial a nivel europeo

Specialty Days: New Holland retoma a súa formación presencial a nivel europeo

Centos de comerciais de toda Europa acudirán a Jesi (Italia) para recibir formación especializada, da man de New Holland, sobre os novos modelos de dita marca. Durante a primeira semana de outubro, máis de setenta vendedores e xerentes de diferentes concesións de España e Portugal acudiron a unha sesión de formación intensiva de dous días en Jesi, onde New Holland ten un dos seus máis importantes centros produtivos de tractores de media potencia. Previamente, un equipo de dez persoas da filial española estiveron preparando o curso xunto cos equipos de produto e formación centrais. 

A formación comezou cunha parada no centro de visitantes da fábrica de Jesi. Alí coñecéronse as estratexias que permitirán incrementar a calidade dos produtos, reducir os prazos de entrega e axilizar os procesos. Francesco Zazzetta, director xeral de New Holland para España e Portugal, e Antonio Maselli, director da fábrica, expuxeron aos concesionarios os proxectos máis relevantes e resolveron dudas sobre o proceso produtivo dos tractores especiais e de media potencia, os cales se fabrican alí.

O enfoque prioritario da formación que se impartiu despois foron os novos tractores especiais T4F/N/V, que incorporan tecnoloxías únicas no seu segmento. Ademais das numerosas novidades, tamén se analizaron os principais modelos da competencia. A maiores, puidéronse coñecer en detalle outras gamas e novos modelos da marca.