NANTA DAIRY

Solución integral de Nanta para vacún leiteiro en Finca La Asunción

En Touro (A Coruña) atópase Finca La Asunción, a granxa de vacas de leite de Santiago García, quen nos abre as portas do seu negocio para contar en Vaca Pinta 30 como nos últimos anos foron incorporando distintas solucións e propostas de Nanta para o coidado e a alimentación da súa recría e dos seus animais en produción.

Tras pasarse á gama de pensos do programa Prima, notaron que mellorou a conservación do concentrado, o que contribuíu ao aumento da inxesta. "No entanto, hai que valorar que este sistema de alimentación vai máis aló do concentrado, xa que se acompaña dunha teoría que hai que poñer en práctica para que realmente todo o concepto funcione", lembran.
En canto os factores clave do penso para robot, destacan na Asunción que "é moi importante que sexa un penso apetitoso, porque o animal non acode ao robot per se para ser muxido, senón para comelo", e tamén remarcan a granulación: "Non deben ser grans demasiado finos, nin demasiado areosos, para que non se tupan os senfíns".