Solomamitis presenta a súa renovación web

Boehringer Ingelheim presentou a nova versión da súa web sobre a xestión da calidade do leite, Solomamitis, proxecto que naceu en 2001 como resposta á falta de información sobre calidade de leite en lingua española e co obxectivo de contribuír á calidade do leite cunha visión global e eficaz.

Nestas dúas décadas, a web foi crecendo, e fíxoo de forma paralela á propia especialidade, que afrontou a necesidade de traballar nas explotacións de forma ordenada, con protocolos que garantan a produción de leite de calidade en granxas de diferente localización xeográfica, tamaño, xestión de persoal, etc.

A creación de Solomamitis foi no seu día, e sigue sendo, unha proposta innovadora e única para aglutinar contido e albergar o saber de todos os veterinarios españois que traballan en calidade de leite, e converteuse, ademais, nun referente no sector en lingua castelá grazas ao equipo de profesionais que ten detrás. Agora, esta actualización establece unha web renovada que se adapta aos novos tempos para seguir á beira dos profesionais cun espazo sinxelo e intuitivo que dea resposta ás necesidades dos usuarios, defenden desde a compañía.