Soaga inaugura un laboratorio pioneiro para a análise de solos e cultivos

Soaga, empresa que fabrica e comercializa a marca de abonos Fertimón, reafirma a súa aposta por novos produtos tecnolóxicos coa posta en marcha, nas súas instalacións de Vilanova de Arousa (Pontevedra), dun laboratorio de análise de solos e cultivos pioneiro dentro das empresas do sector.

Este laboratorio permitirá á compañía galega seguir avanzando en novas liñas de negocio centradas na agricultura de precisión a través do seu departamento de I+D+i, no que se desenvolven novas solucións tecnolóxicas pensadas para a optimización dos cultivos e o coidado do medio ambiente.  

Entre outros medios destacables, Soaga contará cun equipo Kjeldahl, para determinar as diferentes fontes de nitróxeno; cun equipo HPLC, para identificar multirresiduos en cultivos, parámetros nutricionais dos ensilados forrajeros, aminoácidos de todo tipo, etc; un espectofotómetro de última xeración, para analizar elementos como fósforo, xofre, boro ou calcio, fundamentais para o desenvolvemento dos cultivos; un equipo NIR, útil para medir distintos parámetros en cereais e forraxes, desde fibra a proteína ou contido en aceites, e un espectómetro ICP de emisión óptica de plasma axustado inductivamente para determinar micronutrientes.