Smartbow®, o sistema de monitorización en vacún leiteiro que facilita a vida do gandeiro

Saber a localización do gando en cada momento, detectar que vacas están en celo, así como cales presentan signos de enfermidade, e todo iso dunha maneira precoz e practicamente instantánea, non sempre é compatible co día a día dunha granxa, na que as tarefas se multiplican.

É por iso polo que desde Zoetis queren estar máis preto do gandeiro de vacún de leite e axudarlle na xestión da súa explotación. E, neste sentido, a compañía lanzou unha nova campaña informativa sobre Smartbow® que permite simular, mediante unha experiencia interactiva, como sería “Un día con Smartbow” e coñecer de primeira man todas as oportunidades que ofrece este avanzado sistema de monitorización que permite, entre outras cousas,coñecer en tempo real a súa localización e enviar alertas cando entre en celo ou presente os primeiros signos de enfermidade.