Sipcam Oxom SpA anuncia a creación dunha nova filial en Francia

Sipcam Oxom SpA anuncia a creación dunha nova filial en Francia

Sipcam Oxom SpA, provedor de tecnoloxía agrícola, acaba de comunicar a adquisición de todos os activos de distribución de Phyteurop SA a través da súa filial de nova creación Sipcam France SA.

Esta sede ten a intención de cooperar con InVivo para garantir o acceso continuo a unha ampla gama de produtos para a agricultura francesa. A presidenta da compañía, Nadia Gagliardini, declaraba que están moi orgullosos desta transacción e que representa un fito estratéxico relacionado coa súa presenza en Europa.

O seu obxectivo actual, segundo relataba Paolo Brogi, conselleiro delegado de Sipcam Oxon SPA, é "desenvolver unha carteira de produtos futura aínda máis sólida para a nosa base de clientes". Pola súa banda, o novo director xeral da filial francesa, Fabrice Buet, afirmaba que esta adquisición lles vai a permitir apoiar a agricultura do país.