Sipcam Iberia-Terraglass celebra a súa IV Paella Popular

Sipcam Iberia-Terraglass celebra a súa IV Paella Popular

Este domingo 24 de xuño celebrouse en Ribadumia a IV Paella Popular de Sipcam Iberia-Terraglass, unha cita á que asistiron máis de 400 persoas, entre clientes e distribuidores.

Durante a xornada proxectáronse varios vídeos de Sipcam, entre eles o do produto Araw, novo antibotrítico e antioídio sen residuos e baixo prazo de seguridade; o vídeo da nova gama de Bioestimulantes Stilo de Sipcam, así como o vídeo corporativo da planta de formulación de Sipcam en Sueca, Valencia, onde se formulan os seus produtos na contorna do Parque Natural da Albufera.