O insecticida microgranulado Trika® 1 Lambda de Sipcam Iberia ten demostrada a súa eficacia no control das principais pragas de solo que afectan sobre todo aos cultivos de millo, como a rosquilla e o verme de arame. Formulado co insecticida Lambda Cihalotrin ao 0,4 % e fixado nunha base órgano-mineral denominada Umoslow, patentada por Sipcam Iberia, logra dar vigor á planta na súa nascencia e potencia na implantación do cultivo.
Os agricultores que o utilizan notan rapidamente este dobre efecto do produto. Tanto é así que José Manuel Castro, da gandería Castrofer (Lugo), e José Antonio Fernández, de Casa Pozo (Lugo), cóntannos nestas entrevistas os problemas aos que querían dar solución cando se decidiron por Trika® 1 Lambda e os beneficios que obtiveron.
Por outra banda, Marcos Expósito, delegado da zona norte de Sipcam Iberia, explícanos as vantaxes deste produto e cando e como se debe realizar a súa aplicación.