A compañía de sanidade vexetal Sipcam Iberia cumpre 50 anos neste 2024, e quixo festexalo da man dos agricultores, distribuidores e demais profesionais agrícolas que confiaron no seu compromiso e profesionalidade durante todo este tempo.
Para a celebración do seu aniversario, a fabricante e comercializadora de insumos puxo en marcha unha iniciativa nas súas redes sociais: "Elaboramos unha campaña na que compartiremos cada semana os nosos mellores fitos empresariais ligados a un éxito musical dese mesmo ano. É unha maneira de conectar con todos os nosos seguidores e celebrar este aniversario xunto a eles, sen importar en que punto de España se atopen", describiu o responsable de comunicación, Laurent Boavida.
Boavida explicou que compartirán as súas efemérides máis importantes en Facebook, Twitter, Instargam e Linkedin, "para que os nosos fans poidan gozar dun tema musical e lembrar connosco ese pequeno éxito que forma xa parte da nosa historia".