Sergio Santos analiza os 5 erros que fan perder diñeiro á empresa veterinaria en Rumiland

Recta final do ano e Rumiland, o podcast para os ruminantes de Boehringer Ingelheim Animal Health España, continúa emitindo podcast, con periodicidade quincenal, a través da plataforma Ivoox. Nesta ocasión, Sergio Santos aborda os 5 errors máis frecuentes que fan perder diñeiro a unha empresa veterinaria de ruminantes.

Licenciado en Veterinaria en 2004, Sergio Santos é profesor na Universidade Complutense e imparte docencia sobre xestión e márketing de empresas veterinarias e de empresas alimentarias e tamén forma parte do profesorado do Máster en Produción e Sanidade Animal.

Cales son os 5 erros máis habituais? Que importancia ten fixarse nun salario e nun horario ou coñecer os costes de oportunidade? Sería suficiente calcular de forma correcta os prezos e afinar os procesos para evitar as perdas económicas? Encontra as respostas a estas e outras preguntas neste novo episodio.