Zoetis ten claro que a cuarta revolución industrial tamén estará moi presente no sector bovino. Proba diso é a aposta decidida pola súa tecnoloxía Smartbow, que combina as vantaxes da conectividade dos dispositivos, as comunicacións móbiles, o machine learning e a intelixencia artificial para ofrecer información sobre o estado de saúde, o mellor momento para inseminar á vaca e onde se localiza esta, todo iso en tempo real.
Así o explicaron varios expertos durante o seminario “Gandería de precisión e a súa contribución á mellora da eficiencia en explotacións leiteiras”, celebrado o pasado 24 de novembro no marco da X Xornada Internacional Online Científico-Técnica de Reprodución Bovina, de Humeco, que contou con Juan Antonio Latorre, marketing manager da Unidade de Rumiantes de Zoetis, como moderador. Os relatorios articuláronse en tres bloques, nos que se analizou a efectividade da tecnoloxía Smartbow, tanto desde o punto de vista técnico como económico.
Na primeira das exposicións, Sergio Calsamiglia (UAB), realizou unha valoración técnica e económica dos dispositivos de monitorización do comportamento en vacún leiteiro, destacando, a través de estudos realizados, a precisión destes equipos para obter información e procesala e a súa utilidade para mellorar a identificación do celo e o momento óptimo de inseminación.
A segunda intervención correu a cargo de Pau Pallarés (Vether-DairyProf), que puxo en valor a evolución dos índices técnicos dunha explotación leiteira tras a incorporación do sistema Smartbow e a súa repercusión económica.
Para concluír a xornada, Erik Bataller (especialista en Smartbow en Zoetis), explicou as características desta tecnoloxía, que posibilita o monitoreo da rumia, a detección de celo e a localización en tempo real dos animais, e que, pola súa precisión e o seu algoritmo APRIL (Animal Pattern Recognition Intelligence Learning), é única no mercado.