Uniform-Agri e Zoetis organizan conxuntamente dúas sesións online acerca das súas solucións de monitorización para explotacións de vacún leiteiro.
Nestes seminarios, gratuítos e dunha hora e media de duración cada un, poderase coñecer como funciona e que achega o sistema de Monitorización Smartbow (PLF) ás ganderías de produción leiteira e presentarase Uniform-Repro, programa de xestión para explotacións de vacún leiteiro pensado tanto para gandeiros como para consultores.
Os dous relatores, Almudena Molinero e Erik Bataller, exporán aos participantes como se comunican ambos os sistemas e como manexalos integrados nunha pantalla, xunto con outros sistemas como os programas de muxido, o que fai a súa utilización moito máis sinxela e permite obter todo o potencial de ambas as ferramentas nun mesmo sitio.
Estas charlas telemáticas celebraranse en dúas xornadas: martes 28 de abril ás 16:00 e xoves 30 de abril ás 17:00.
O rexistro pode realizarse a través desta ligazón.