Semillas LG lanza un concurso para atopar o silo máis dixestible

Semillas LG busca a a vaca máis feliz! Con motivo do 25 aniversario do Label LG Nutrición Animal, Semillas LG convocou o Concurso Nacional de Dixestibilidade. 

O gañador do certame conseguirá 1.000 € en semente de millo de variedades LG e, así mesmo, sortearanse 500 € de semente de millo desta casa entre todas as persoas que envíen unha mostra de silo. Ademais, a compañía doará leite para alimentar a unha familia necesitada durante un ano e será o gañador o que poderá elixir a asociación ou entidade á que facer a doazón.

O concurso está aberto a agricultores/as de toda España que sementasen variedades de Sementes LG na campaña de 2022. Para participar terán que recoller unha mostra de silo picado (1k g aproximadamente) nun prazo máximo de 7 días desde a colleita e entregarlla a un dos técnicos LG da zona, os cales se encargarán de enviar a mostra ao laboratorio.