Covid-19

Semillas LG habilita unha páxina de asesoramento personalizado para os agricultores

Semillas LG habilita unha páxina de asesoramento personalizado para os agricultores

A sociedade está a vivir unha das peores crises da historia, sanitaria e económica, e esta vez son os agricultores quen saíron, non para cortar rúas e estradas, senón para colaborar na súa desinfección. Co país practicamente paralizado, a agricultura é unha das actividades esenciais nestes momentos.

Atopámonos na época de sementeira e a semente, primeiro elo da cadea alimentaria, ten un papel fundamental. Co obxectivo de poder seguir dándolles un asesoramento personalizado e adaptado a cada zona, Semillas LG pon ao alcance dos agricultores a páxina web Covid19, onde poden atopar información varietal e agronómica segmentada para cada provincia, así como todos os comunicados oficiais e noticias máis relevantes do sector.

Reto #AplausoDeAgricultor

A sociedade enteira únese nun aplauso cada día, como mostra de agradecemento a todos aqueles que están en primeira liña de batalla, pero tamén temos que agradecer o grande esforzo que está a facer a sociedade para quedar en casa. Por iso, desde Semillas LG lanzan o reto de crear un muro de recoñecemento e gratitude por parte dos agricultores que seguen co seu traballo no campo cara a todos aqueles que, día tras día, están a facer o grande esforzo de non saír dos seus fogares.

Os agricultores poden enviar as súas mellores fotos –unha boa paisaxe, labores no campo, sementeira etc. – a marketing@limagrain-iberica.es, ou ben etiquetar a Semillas LG en calquera das súas páxinas de Facebook, Twitter ou Instagram, utilizando o hashtag #AplausoDeAgricultor. Representarán o aplauso dos agricultores cara á sociedade e colgaranse nun muro en www.pasionporlaagricultura.es.