Selección en Aresa para o posto de director técnico

Aresa, empresa lucense comercializadora de fertilizantes e insumos agrícolas, acaba de abrir un proceso de selección para cubrir un posto vacante na entidade de director técnico, que formará parte do cadro de persoal da empresa.

Para o perfil requirido buscan unha persoa graduada en Enxeñería Agrónoma ou Enxeñería Técnica Agrícola. Valoran a experiencia previa e os coñecementos no ámbito dos fertilizantes para un posto que desenvolverá funcións de coordinación xeral dunha planta de envasado de fertilizantes, deseño de fórmulas blending, asesoramento técnico a clientes e desenvolvemento de novos produtos.

O salario consensuarase en función da valía aportada polo candidato, a localización do traballo é Rábade (Lugo) e a incorporación conta ser inmediata.

Calquera interesado debe poñerse en contacto coa empresa a través do correo electrónico carlota.lopez@aresa-agricola.com ou do teléfono 982 222 400.