Cúmprense 25 anos desde que Claas produce os seus propios sistemas de eirugas Terra Trac en Paderborn

Cúmprense 25 anos desde que  Claas produce os seus propios sistemas de eirugas Terra Trac en Paderborn

No verán, cúmprense 25 anos desde que Claas Industrietechnik en Paderborn empezou a desenvolver e producir os seus propios sistemas de eirugas Terra Trac. Desde entón, os sistemas de fricción desenvolvidos e aprobados por  Claas Industrietechnik (CIT) son estándar e referencia no sector.

Entre os fitos da tecnoloxía Terra Trac en Paderborn destacan: 

En 1997 presentouse Terra Trac para as colleitadoras Claas Lexion. Seis anos máis tarde, en 2004, introducíronse os amortecedores de goma para aumentar o confort de condución. Foi en 2006 cando saíu a segunda xeración de Terra Trac cun bastidor reforzado nunha soa peza para a nova Lexion 600. A continuación, en 2011, engadíronse a suspensión hidroneumática e os 40 km/ h de velocidade máxima.

Tiveron que pasar sete anos para que, en 2018, presentáranse dous modelos Jaguar Terra Trac cunha función única de cabeceira. Un ano antes, en 2017, falouse de Axion Terra Trac como concepto en Agritechnica, pero non foi ata 2019 cando se iniciou a produción de dous modelos desta serie. Ese mesmo ano expuxéronse a Lexion 5000, 6000, 7000 e 8000 con dez modelos Terra Trac. En 2021 engadiuse unha nova serie, a Trion, con seis modelos Terra Trac. Por último, en 2022, a Jaguar Terra Trac nº 100 saíu da liña de montaxe en Harsewinkel.