Créanse dous novos anchos de eirugas para tractores Axion Terra Trac de Claas

Créanse dous novos anchos de eirugas para tractores Axion Terra Trac de Claas

Desde outono de 2021, o Axion Terra Trac de Claas terá dous novos anchos de eirugas: unha estreita de 457 mm/18 polgadas, que serve en cultivos de fileiras para esparexer abono orgánico e para traballar con binadoras; e outra de de 890mm/35 polgadas de ancho, ideal para reducir os danos no solo e a compactidade en campos e praderías.

Estas variantes, que se suman ás actuais bandas de goma de 635 mm e 735 mm de ancho, axudan a que o uso sexa máis versátil e protector do chan. 

Desde o lanzamento ao mercado deste equipo, os tractores semieirugas de alta potencia atraeron cada vez máis agricultores e contratistas en toda Europa e, a partir de 2022, tamén se atopan en determinados mercados estranxeiros.