Celébrase a Xornada + KWS Primavera no campo experimental de Simancas, Valladolid

A segunda edición da Xornada + KWS Primavera, organizada pola empresa KWS Semillas, congregou máis de 200 asistentes que puideron percorrer libremente os diferentes ensaios de  colza, centeo, avea, trigo, cebadas, chícharos e rebrotes de remolacha. A cita tivo lugar o pasado 25 de maio ás 11 da mañá no campo experimental da entidade, situado na localidade de Simancas, Valladolid.

Ademais dos ensaios, os participantes tamén puideron asistir ás charlas de auditorio, onde técnicos e colaboradores da filial alemá desenvolveron en profundidade as diferentes características e peculiaridades das variedades alí sementadas.

Javier Fortes, product manager de KWS, comezou abrindo esta exposición co progreso do manexo de rebrotes de remolacha CONVISO® SMART xunto con Bayer. A el, seguiuno Sergio Hernández, responsable de cereais en Hernan-Villa, quen falou dos xenética KWS en cereais. Por último, Joaquín  Kaspar, product managerde  KWS, pechou as charlas presentando o potencial do centeo híbrido de primavera e tamén da colza. 

Neste evento, KWS Semillas incidiu na súa intención de estar no mercado para ofrecer variedades de alto rendemento que cubran as necesidades e requirimentos dos agricultores máis esixentes.