SB, a serie de empacadoras de alta densidade de Kuhn

SB, a serie de empacadoras de alta densidade de Kuhn

A empresa Kuhn creou unha serie de empacadoras de alta densidade que potencia a rendibilidade do empacado. Está deseñada para permitir unha alta capacidade e un peso por paca elevado, ademais de aportar comodidade para o condutor. A mellora da transmisión converte estas empacadoras en máquinas robustas e resistentes. Están dispoñibles ata catro modelos con dobre atado que producen tres tamaños de paca distintos e ofrecen unha solución para cada produtor en todo tipo de condicións de cultivo.

Unha das características máis destacables da serie SB é, por tanto, que conta con catro modelos diferentes pensados para diversas circunstancias. Ademais, ten unha alta capacidade de recollida de forraxe grazas ao seu novo deseño do sistema de protección do cultivo, en combinación cun incremento do par no rotor e na transmisión da pinza de alimentación. Tamén ofrece un bo equilibrio entre capacidade e densidade grazas ao sistema de regulación do par patentado pola compañía.

Esta gama caracterízase polo lema "Deseñado por Kuhn, fabricado por Kuhn". O novo deseño ofrece unha boa accesibilidade, maior seguridade e máis comodidade para o usuario. A maiores, esta empacadora produce pacas cadradas cunha densidade ata de dobre pistón Twinpact, que garante unha compactación de pacas eficiente e intelixente.