SAT Bezenartea confía en Lely para gañar en calidade de vida

Na procura dunha maior liberdade horaria, hai oito meses que en SAT Bezenartea (Baztán, Navarra) automatizaron o muxido, con tres Lely Astronaut A5, e melloraron as instalacións para ofrecerlles máis benestar aos animais.

O propietario da explotación, Mikel Maisterrena, cóntanos por que se decidiu por Lely, que beneficios obtivo e cales son os plans de futuro. Ademais, Unai Etxaiz, delegado de vendas da firma en País Vasco, Navarra e Cataluña, e Guiomar Aguilar, a Farm Management Support, describen o funcionamento desta máquina nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 32.