Sarabia, a solución na postemerxencia do millo

Sarabia, a solución na postemerxencia do millo

Sarabia é un fabricante de produtos para a agricultura que, a finais de 2022, entrou a formar parte do Grupo Rainbow Agro, un dos principais proveedores de produtos fitosanitarios a nivel mundial. O equipo Sarabia-Rainbow está a facer un grande esforzo de investimento, con foco en Europa, para poder ofrecer aos seus clientes solucións de calidade que lles permitan afrontar os retos da agricultura actual.

Para o millo, Sarabia presenta a súa estratexia para o control de adventicias que compiten co cultivo. Unha solución para o control de malas herbas en postemerxencia sen restricións para o futuro: Nicsar (Nicosulfuron 4 % OD) + Falstar (Mesotriona 10 % SC) + Tidex (Fluroxipir 20 % EW). Esta estratexia proporciona unha solución global que controla gramineas, ciperáceas e dicotiledóneas cun só tratamento.

Esta entidade, que afirma estar sempre ao carón do agricultor, utiliza produtos de calidade con formulacións óptimas (Nicosulfuron OD) e máis respectuosas co aplicador e o medio ambiente (Fluroxipir EW) para garantir unha protección integral do millo.