O 27 de novembro, Boehringer Ingelheim celebrou en Santiago de Compostela a 9ª Xornada de Veterinarios de ADS de Galicia, na que reuniu preto de 100 profesionais. Baixo o lema "aprender do pasado, actuar no presente e proxectar o futuro", a xornada destacou polo seu enfoque interactivo e por contar con relatores de primeiro nivel.
Luis Ortega, catedrático da UCM, abriu o evento reflexionando sobre as enfermidades emerxentes en bovino, mentres que Nacho de Blas, da Universidade de Zaragoza, explicou metodoloxías de mostraxe para diagnósticos precisos. Xavier Mantenca, da Universidade Autónoma de Barcelona, abordou a prevención e o tratamento da dor en vacún, respecto ao cal subliñou as vantaxes do uso de analxésicos.
Cristina Conill presentou a "Lista de control das diarreas neonatais", un recurso para avaliar factores asociados a esta patoloxía en xatos. Tras a pausa, Manuel Cerviño moderou unha charla sobre a evolución da BVD, xunto a expertos como Juan Manuel Loste e Javier Diéguez. Cerviño tamén afondou na vacinación con Bovela® como parte da estratexia contra a BVD.
Finalmente, María Martínez Valladares, do CSIC, presentou o proxecto SPARC, enfocado no control sostible de parasitos helmintos en ruminantes. A xornada concluíu cunha sesión de preguntas na que se destacou o compromiso de Boehringer Ingelheim coa formación e o avance na sanidade animal.