Sanisec Plus reduce o traballo e aumenta as ganancias

En Casanova Holstein (Baleira, Lugo) incorporaron hai ano e medio este secante en po, subministrado por Piensos del Sil, para a hixiene das camas e, desde que o aplican, resaltan as melloras na saúde do ubre das vacas, ademais dunha considerable baixada das mamites clínicas e subclínicas. Falamos con Miguel Pérez, copropietario desta gandería, sobre as vantaxes que lle ofrece este produto.