GEA EN GANADERÍA QUINTEIRO

Salto directo dun circuíto ao muxido robotizado

Ante a xubilación dos seus pais, José Luis Méijome e a súa muller, Vanesa Rozas, decidiron romper cos seus empregos anteriores para tomar as rendas da explotación familiar, Ganadería Quinteiro. José Luis continúa traballando a media xornada en Africor Pontevedra, pero Vanesa dedica todo o seu tempo á gandería.

Tras este cambio de rumbo, apostaron por construír unha nave totalmente nova na que situar todas as súas frisonas en produción e as vacas secas para centralizar así o seu manexo e incorporar para o muxido un robot R9500 de GEA.

O gandeiro pontevedrés recoñece que levaba tempo barallando esta opción e que sempre creu en que este sistema se adaptaba perfectamente ao seu tamaño de negocio. As vacas, a pesar de estar afeitas a un establo de amarre canadense, adaptáronse ben ás novas instalacións e con menos contratempos dos esperados.

Desde a súa posta en marcha en agosto do ano pasado, aumentaron uns 5 ou 6 kg de produción por animal e día, manteñen un consumo eléctrico similar ao anterior cun 40 % máis de produción e gañaron en benestar animal e calidade de vida.

GANADERÍA QUINTEIRO

Localización: Lalín (Pontevedra)

Número total de animais: 108

Vacas en muxidura: 62

Media de número de muxidos: 2,9

Porcentaxe de graxa: 3,85 %

Porcentaje de proteína: 3,40 %

RCS: 110.000 cél./ml

Que sistema de muxido tiñan antes?

Tras a xubilación dos meus pais, a miña muller e eu collemos as rendas desta gandería e construímos unha nave nova coa idea de pasarnos ao muxido robotizado. No establo que tiñamos antes, as vacas permanecían en camas con amarre canadense e muxíanse cun circuíto de 6 puntos con parada de pulsación.

Por que decidiron dar o paso ao muxido robotizado?

Eu teño vocación de gandeiro desde pequeno, levaba 19 anos en control leiteiro, en Africor Pontevedra, e a miña muller traballaba no departamento de compras dunha empresa desde había 14 anos.

Aínda que eu continúo a media xornada en Africor, decidimos dar o paso e incorporarnos os dous á explotación, facer unha nave nova e cambiar o muxido.

Barallei esa idea con muxido robotizado varios anos e apostamos por iso. Crin sempre que este sistema se adaptaba bastante ao noso tamaño e que as vacas necesitaban muxirse máis de dúas veces ao día. Da outra forma, un terceiro muxido era bastante complicado.

Construímos unha nave para 80 cubículos onde ter as vacas en produción e tamén as secas e colocamos un robot.

Por que elixiron GEA?

En primeiro lugar, porque nos gustaba e queriamos un robot con foso. Criamos que a adaptación ía ser mellor.

En segundo lugar, porque este robot ten un baixo consumo de enerxía e ese era outro punto a favor.

En terceiro lugar, porque ofrece a posibilidade de separar o leite por cuartos.

Por último, nós eramos clientes de TLM, o seu distribuidor na zona, e levabamos moitos anos traballando con eles. Tiñamos confianza nesta empresa.


"O consumo eléctrico é case o mesmo que antes a pesar de estar muxindo un 40 % máis de leite"

Fala do consumo de enerxía. Era unha das súas preocupacións?

Si. Preocupábanos se sería suficiente a potencia que tiñamos contratada, porque estaba vixente un contrato de longa duración e modificar a potencia tamén implicaría cambio nas tarifas.

Non cambiamos nada, a potencia contratada chéganos e vexo que o consumo eléctrico é case o mesmo que antes a pesar de estar muxindo un 40 % máis de leite.

Como planificaron o proceso de cambio?

Empezamos a planificar todo tres anos antes, cubrindo o maior número de vacas con seme sexado e seme frisón para chegar ao momento de cambiarnos ao robot co maior número de xovencas posible.

Unha vez feita a nave, eu tiña bastante medo á adaptación dos animais, concretamente ás súas patas, porque viñamos de amarre fixo con cama de palla e carbonato, e os cascos estaban moi endurecidos. Ademais, as vacas estaban pouco afeitas a andar.

Deixamos que os patios se fraguasen ben, raiámolos e tivémolos con xurro sobre uns 20 días.

O primeiro día cambiamos 25 animais e comezamos a muxilos xa no robot e así fomos pasándoos a todos aos poucos. Chegamos a estar un mes simultaneando o muxido en robot coa sala ata que tivemos todas as vacas xa na nave nova.

Como lembran o traspaso?

Lémbroo con nervios e moito traballo, pero todo foi bas- tante ben. Non sufrimos baixas importantes, si que tivemos algún problema de patas, pero moitos menos dos que eu me temía.

Como foi a adaptación dos animais?

Foi bastante boa. As vacas que peor se adaptan son as que están en cola de lactación e ás vacas con 3 ou 4 partos cústalles máis.

Que beneficios están a notar?

Os animais aumentaron bastante a súa produción, uns 5 ou 6 quilos por vaca e día, e están moi tranquilos.

Melloramos en saúde do ubre, porque temos un reconto de células moi baixo e o poder muxirse máis veces repercútelles positivamente.

Nós temos máis flexibilidade, menos traballo físico que antes e unha persoa soa é capaz de facelo todo sen moito apuro.

Tras uns 10 meses de traballo con robot, que valoración fan do cambio?

A valoración global é moi positiva. Era un cambio moi grande e creo que, tanto os animais coma nós, gañamos moito en calidade de vida.

Víctor Viana

Comercial de Tecnor Lalín, Maquinaria (TLM), distribuidor na zona

Por que recomendaron o robot en Ganadería Quinteiro?

José Luis e Vanesa estaban convencidos de que o robot se adaptaba perfectamente á súa nova nave, crían nesta nova tecnoloxía de muxido e de xestión de datos e querían dar un salto en calidade de vida.

Comosedesenvolveuoprocesode cambio?

A pesar de que viñan dun establo con amarre canadense, os animais fóronse afacendo ás novas instalacións sen problema. Están xa alcanzando cifras coma se levasen dous ou tres anos funcionando co robot.

Que características destacaría do robot GEA?

Antes de nada, quero destacar o seu baixo consumo de enerxía e auga. Logo, outro aspecto importante é o seu foso, que facilita o manexo á hora de realizar tratamentos ou calquera tipo de supervisión.

Tamén merecen mención a súa separación por cuartos e o seu sistema InLiner Everything, grazas ao que se realizan todos os pasos do muxido na mesma tetoeira.

Por último, ademais de conseguir con todo iso un muxido de calidade, GEA mantivo nos seus robots o mesmo medidor e a mesma pulsación que nas súas salas, porque cando algo funciona, non merece a pena cambialo.