A compañía Erimsa acudirá por terceiro ano consecutivo á feira do sector agropecuario de Salamanca, que se celebrará do 5 ao 9 de setembro no recinto feiral da cidade, e farao para presentar o seu innovador produto Q-Bed, o cal xa recibiu galardóns en diversas feiras especializadas.
Q-Bed é unha cama para vacas criadas en estabulación libre que, fronte a materiais tradicionais, achega melloras no que ao repouso e a hixiene dos animais refírese. “Q-Bed está avalado por veterinarios por proporcionar as condicións necesarias para que os animais dispoñan dun tempo de repouso de 12 a 14 horas, como recomendan os expertos”, explican os representantes de Erimsa.
Desde a compañía afirman estar comprometidos con aprovisionar aos gandeiros cun material de fácil manexo e con levar a cabo a unha coidadosa selección de materia prima e unha exhaustiva clasificación da area, de tal forma que só se empreguen partículas redondeadas e finas, que erradican as lesións nas extremidades dos animais.
Por este motivo, e co obxectivo de mostrarlles aos seus clientes cales son as vantaxes dos seus produtos de primeira man, a compañía contará cunha caseta en Salamaq 2018 durante o tres días de feira.