Inatega presenta RumiLife® CAL24, dous bolos que achegan unha cantidade importante de calcio con vitamina D e magnesio, elementos que axudan na asimilación do calcio necesario cunha única aplicación.
Manuel Sandamil, de SAT A Vereda; Ladislao López, de Casa da Grandela SC; Benito Vila, de SAT Vilar Alaxe, e Javier Martínez, veterinario de Inatega, cóntannos a súa experiencia con este produto e as vantaxes da súa aplicación tanto no manexo como para os animais.