SEXTO CAPÍTULO

Rumiland aborda o manexo de brotes de mastites por Prototheca con Natividad Pérez Villalobos

Rumiland lanza o sexto episodio da tempada. A canle de podcast de Boehringer Ingelheim Animal Health España recibe de novo a Natividad Pérez Villalobos para analizar o manexo de brotes de mastites por Prototheca.

Neste podcast Pérez Villalobos, doutora en Veterinaria, diplomada en Epidemiología Veterinaria e profesora na Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade Europea de Madrid, explica minuciosamente que tipo de patóxeno é a Prototheca e cal é a súa importancia nas explotacións. Unha vez centrado o tema, fala do manexo a nivel de granxa e como se debe afrontar unha cuestión desta magnitude ante a falta de tratamento. Finalmente, tras profundar na diferenciación entre granxas de alta e baixa infestación, ilustra con casos reais o alcance do problema.

ONDE ESCOITAR RUMILAND

Rumiland está dispoñible na plataforma Ivoox, tanto en versión web como en app para os dispositivos móbiles.

Accede á canle e escoita os episodios dispoñibles