Robotización das tarefas con DeLaval

Alejandro Vázquez representa a terceira xeración a cargo da gandería familiar Ferreiro Rial SC (Antas de Ulla, Lugo). Ao seu traballo co vacún de leite súmase unha granxa de produción avícola, polo que un dos grandes motivos de dar o paso á robotización do muxido foi compaxinar mellor ambos os oficios.

Sobre a súa experiencia empregando dúas unidades de muxido DeLaval VMS™ V300, así como sobre as melloras que notaron tras comezar a usar tamén outros produtos de DeLaval, como o DeLaval OptiDuo™ e o DeLaval DelPro™, fala Alejandro nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 30.