RobotExpert®, FeedExpert® e GoalFeed®, un sistema integral de traballo para granxas robotizadas

Experiencia na Ganadería Sampaio

O ritmo de instalación de novos robots de muxido nos últimos anos foi medrando cada vez máis e a introdución destes novos sistemas non só implica cambios na maneira en que se moxen os animais, senón tamén no modo en que son alimentados.

Rubén González, nutrólogo de DeHeus en Galicia, pón en valor esta tendencia e destaca: “O gandeiro do futuro é cada vez máis profesional e busca datos para optimizar os seus recursos e as súas producións. Os sistemas de muxido automáticos proporciónanlle esta información para ir nese camiño”. Falamos con el das ferramentas que ofrece DeHeus para personalizar a alimentación das granxas robotizadas.

Daniel Prado, tamén nutrólogo da compañía en Galicia, sinala que para eles é básico tratar de axustarse "na medida do posible ao funcionamento da granxa e ás produccións que se buscan en cada momento do ano". Así mesmo, falamos con Raúl Fernández, propietario da Ganadería Sampaio, na que utilizan varias ferramentas de DeHeus para optimizar os seus resultados.

Tamén podes ir á nosa sección de televisión para ver o resto das entrevistas en vídeo