Río de Galicia visibiliza en Madrid a situación da muller rural e o perigo de perder a soberanía alimentaria polo despoboamento

Río de Galicia visibiliza en Madrid a situación da muller rural e o perigo de perder a soberanía alimentaria polo despoboamento

A marca galega pertencente ao Grupo Lence, Río de Galicia, celebrou onte na Casa de Galicia de Madrid o II Foro Activistas por un futuro rural. A compañía puxo sobre a mesa a importancia de concienciar á sociedade sobre o perigo de despoboamento do campo e como é vital a presenza da muller para que isto non suceda.

Javier Vázquez, director da Casa de Galicia de Madrid, e Carmen Lence, CEO de Grupo Lence, foron os encargados de abrir o acto, o primeiro que organiza a compañía fóra da súa rexión de orixe, e de dar a benvida aos asistentes. Carmen Lence sinalou que "as mulleres de contornas rurais, ademais de enfrontarse á discriminación polo seu sexo, afrontan a desvantaxe xerada pola súa contorna de residencia, que se traduce en limitadas oportunidades laborais, de formación, acceso a servizos e conectividade física e dixital".

A primeira metade do II Foro Activistas por un futuro rural estivo protagonizada polo xornalista Manuel Campo, que tamén ostenta o cargo de director do Instituto de Comunicación Empresaria (ICE), e que ofreceu o relatorio "A gandería, firme no territorio rural".

Tras a intervención do xornalista, Carmen Lence moderou unha mesa redonda na que participaron Quiara Pardiñas, Luz Divina e Carmen Taboada, gandeiras de Río de Galicia e participantes na campaña Actitude Río: pura coraxe. Tratáronse cuestións como o seu éxito empresarial e persoal no campo, ademais da necesidade de celebrar xornadas como o Día Internacional da Muller non só desde unha perspectiva urbana, senón tamén abordando os retos da muller rural na actualidade.