Río de Galicia visibiliza na Semana Verde de Galicia as oportunidades que ofrece o rural e o perigo do despoboamento

Río de Galicia visibiliza na Semana Verde de Galicia as oportunidades que ofrece o rural e o perigo do despoboamento

No marco da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Gaicia, en Silleda (Pontevedra), Río de Galicia celebrou o I Foro Activistas por un futuro rural. O obxectivo da marca, 100 % galega e pertencente ao Grupo Lence, foi visibilizar as oportunidades que ofrece o entorno rural para poder desenvolver unha vida persoal e profesional plena, ao tempo que alertou de riscos reais, como a falta de man de obra e o despoboamento, entre outros.

O foro estivo composto por dúas mesas nas que se destacaron asuntos como a falta de relevo xeracional e, en consecuencia, a desaparición de negocios no rural. A primeira mesa redonda, "Vivir e traballar no rural: a vida máis aló da cidade", foi moderada por Carmen Lence, CEO de Grupo Lence. Xunto a ela, estiveron como relatoras Laura Seoane, gandeira de terceira xeración en Ugasma; Nuria Varela, fundadora e directora xeral de Pazo de Vilane, e Inés Rodríguez, fundadora e propietaria de RiR & Co.

Cristina Díaz, xornalista de Economía Dixital, foi quen moderou a segunda mesa, "Empresa rural: viabilidade e servizos". Acompañárona Covadonga Toca, secretaria xeral de apoio a Emprego, Traballo e Economía Social Xunta de Galicia; Alfredo Ramos, director de R, e José Antonio Menéndez, responsable de relacións institucionais de Endesa na zona noroeste.