Río de Galicia destacou o papel fundamental da muller no sector lácteo nun acto con gandeiras

Río de Galicia destacou o papel fundamental da muller no sector lácteo nun acto con gandeiras

No día de hoxe, véspera do Día Mundial do Leite, Río de Galicia organizou un acto co que poñer en valor o papel determinante das mulleres para o sector lácteo de Galicia e a supervivencia do entorno rural. A marca de leite 100 % galega, que pertence ao Grupo Lence, presentou a campaña "Actitude Río: Puro coraxe". Con esta, ponse en valor o traballo das mulleres no rural. Dita campaña poderase ver na web de Río de Galicia, nas súas redes sociais e tamén a través dun código QR que estará nos envases de leite.

O evento en cuestión celebrouse na Fundación Juana de Vega de Oleiros (A Coruña) e contou coa participación nunha mesa redonda de Silvestre José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Xunta; Elena Mancha Montero de Espinosa, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta; Gabriela González, directora de Sustentabilidade e Comunicación Corporativa de Vegalsa-Eroski, e Carmen Lence, CEO de Grupo Lence. Por suposto, tamén estiveron presentes as gandeiras da campaña da compañía.

A través da participación no acto das gandeiras da campaña e do resto dos relatores, a compañía subliñou o peso das mulleres do rural para asumir os negocios do sector, ao tempo que destacaron a fortaleza do sector lácteo galego, a súa hexemonía no consumo a nivel nacional e a importancia deste produto na alimentación básica de millóns de fogares.