Nacido e criado nunha SAT de gando de leite da provincia de Lugo, Ricardo Pérez Santalla empezou a súa carreira profesional no mundo da xenética como comercial en ganderías da Coruña e Lugo.
Tras case cinco anos como representante de vendas na Coruña, foi promocionado ao posto de Regional Business Manager de ABS Progenex, recoñecendo así as importantes contribucións á empresa desde a súa incorporación.
Como parte das súas novas funcións, Pérez Santalla traballará en afianzar o negocio de ABS en España, achegando liderado e apoio aos equipos comerciais e técnicos, "continuando co excelente legado que deixou Juan Manuel Cainzos, recentemente nomeado GENEadvance Product Line Manager", afirman desde a compañía.
Desde ABS España remarcan que "continuarán poñendo o foco en captar os mellores profesionais do sector gandeiro e agroalimentario para axudar aos nosos clientes na toma de decisións de negocio presentes e futuras".