Revaloriza os xatos da túa explotación con Eliter

Eliter é unha ferramenta informática de certificación de calidade que distingue a aqueles animais que cumpren cunha serie de parámetros de saúde e coidados que fai que sexan mellores e máis resistentes á hora de realizar o proceso de recría.

Este sistema diferencia os xatos en base ás súas condicións na explotación de orixe atendendo a catro puntos crave:

  • Que a gandería estea nunha ADSG e teña niveis adecuados BVD-IBR ou leve un programa sanitario independente que teña esas mesmas condicións.
  • Que os xatos teñan polo menos 14 días na data de saída da explotación.
  • Que sigan un correcto protocolo de encalostrado e un sistema de autocontrol a través da aplicación.
  • Que as medidas de benestar e aloxamento sexan as adecuadas.
Sobre todas as características do programa, así como sobre a importancia de realizar unha boa recría, faláronnos Elio López (xerente de Eliter), Carlota Antelo (veterinaria de Eliter) e José Manuel Martínez (Vilasilvestre SC), nesta reportaxe publicada en Vaca Pinta 19.
Tamén podes ir á nosa sección de televisión para ver as entrevistas en vídeo.