Repsol e New Holland impulsan os combustibles renovables no sector agrícola

Repsol e New Holland impulsan os combustibles renovables no sector agrícola

New Holland e Repsol iniciaron unha colaboración para avaliar o uso dos combustibles renovables na maquinaria agrícola. Así, New Holland utilizará na súa maquinaria —tanto tractores, colleitadoras como cargadoras telescópicas— combustible renovable producido por Repsol que se fabricou a partir de residuos orgánicos, como os do sector agroalimentario e forestal ou aceites usados, entre outros. Así, ambas compañías buscan demostrar que estes combustibles son unha solución real para descarbonizar actividades agrícolas.

Esta iniciativa foi presentada onte no Campus New Holland de Segovia, finca que a marca utiliza como banco de probas e centro de formación desde o ano 2006. No encontro estiveron presentes Javier Aríztegui, subdirector de Deseño de Produto en Repsol; Carlos Suárez, director de Mobilidade en Repsol; Francesco Zazzetta, director xeral de New Holland Iberia, e José Llopis, director de Marketing en New Holland Iberia.

Un equipo de científicos de ambas compañías e da Universidade de Castela-A Mancha (UCLM) avaliará o comportamiento do combustible renovable tras catro meses de uso continuo na maquinaria agrícola, en condicións reais. Mediranse parámetros como o rendemento, a potencia e o consumo. Os datos obtidos almacenaranse e analizaranse para así extraer conclusións, ao comparar as prestacións e as emisións do combustible renovable fronte ao convencional.