EN VÍDEO

Traspaso xeracional e aposta pola robotización do muxido

Laura Armesto e David Rodríguez son dous gandeiros galegos recentemente incorporados ás súas granxas familiares que decidiron apostar por renovar as súas explotacións coa construción de instalacións novas para as vacas en produción e a robotización dos seus sistemas de muxido a principios de 2019.

A liberdade de horarios para unha vida máis conciliadora, o benestar dos animais e as características técnicas que ofrece o DairyRobot R9500 de GEA, como son a óptima calidade do muxido, o proceso de colocación único In-Liner Everything e a separación de leite por cuartos, foron os principais motivos da súa decisión. Na revista Vaca Pinta 20 falamos con ambos os gandeiros e con Hugo Rodríguez, técnico de robots de muxido en Agritécnica Ganadera, distribuidora da marca no sur de Lugo, para coñecer todo o proceso de cambio, a súa experiencia tras ano e medio de traballo coa máquina e os seus plans de futuro.