TESTEMUÑO

Reinvención e volta ás orixes: un caso de éxito tras o paso pola EILZA

Na Escola Internacional de Industrias Lácteas de Zamora (EILZA) están convencidos de que a formación dun sector esencial como é o leiteiro será a clave para avanzar no seu recoñecemento e profesionalización. Casos como o de Elena, unha zamorana que cambiou a súa carreira na banca por unha nova vida ligada ao sector lácteo, o cal presentaron no último número de Vaca Pinta, non fan senón reforzalos na súa idea.