WEBINARIOS ELANCO: ESTRÉS POR CALOR

Quen dixo que o estrés por calor é inevitable?

Cando chega o verán, o manexo da granxa debe ser aínda máis eficiente para garantir un entorno ideal para as vacas. Hoxe en día non faltan ferramentas, tanto desde o punto de vista da enxeñaría da granxa (ventilación, refrixeración, auga) como desde o punto de vista da xestión da mesma, e grazas a elas é posible minimizar a incomodidade debido ás altas temperaturas ambientais sen necesariamente ter que rexistrar unha caída na produción ou no rendemento reprodutivo das vacas.

O 7 de xullo ás 13:00 falaremos sobre iso en directo con Marcello Guadagnini, técnico de rumiantes de Elanco, para atopar as solucións máis eficientes e discutir sobre os erros máis frecuentes que poden provocar un impacto negativo na granxa e nas vosas ganancias.

Poderedes seguir en directo o serminario dende a nosa sección de televisión e na nosa páxina de Facebook.