Publicado un novo libro sobre patoloxía ovina e caprina

Publicado un novo libro sobre patoloxía ovina e caprina

A editorial Dr. Herriot publicou un novo libro baixo o título de Atlas of sheep and goat diseases, recomendado para profesionais que traballan con pequenos ruminantes. Foi desenvolvido ao longo de máis de 10 anos de colaboración entre expertos españois e iraquís, por tanto, conta cun enfoque global. Na publicación plásmanse practicamente todas as enfermidades comúns e emerxentes en ovino e caprino a nivel mundial.

Organízase en 12 capítulos, deseñados para facilitar o diagnóstico clínico e anatomopatolóxico. A súa estrutura permite os profesionais asociar rapidamente as lesións e signos clínicos coas imaxes e descricións do atlas, permitíndolles identificar e contrastar cada lesión de maneira precisa. Cabe resaltar tamén que dispón de máis de 3.000 fotografías detalladas, para un diagnóstico preciso.