Dr. Herriot publicou, baixo o título Differential diagnosis in sheep, unha práctica guía para axudar os veterinarios de campo na clínica diaria, ofrecendo unha fonte de referencia fiable, concisa e fácil de consultar. Contén a información máis actualizada, escrita en inglés para unha maior difusión internacional.
O seu novo contido está clasificado por aparatos e sistemas en 19 capítulos. As táboas comparativas e explicativas que inclúe axudan o veterinario de campo a establecer, in situ, as diferenzas entre patoloxías con clínica similar. As numerosas imaxes, gráficas e esquemas engaden a información imprescindible para chegar a obter un diagnóstico definitivo certeiro.
Este libro nace da colaboración do doutor Hélder Quintas co Servizo Clínico de Rumiantes da Universidade de Zaragoza. Púidose levar a cabo grazas a un traballo conxunto e aos contactos establecidos a través do Colexio Europeo de Pequenos Rumiantes (ECSRHM). O resultado é unha obra de referencia na que participaron 33 dos maiores expertos do mundo en pequenos rumiantes, moitos deles doutores e diplomados europeos, provenientes de Portugal, España, Reino Unido, Países Baixos, Alemaña, Noruega, Brasil, Estados Unidos, Canadá e Australia.
Veterinarios, estudantes e enxeñeiros agrónomos terán acceso neste libro a unha fonte inestimable de coñecemento, tanto teórico como práctico, e a unha valiosa ferramenta para mellorar o desempeño clínico e aumentar o éxito nos diagnósticos.
Xa está á venda na páxina web de dr. Herriot, a editorial que publicou esta obra.