DELAVAL EN SALGADO BUIDE

Proxecto de robotización para incrementar a productividade

A gandería lucense Salgado Buide SC muxe dende o mes de xullo con dous robots V300 de DeLaval. Logo de 10 anos traballando na explotación familiar, Marcos Salgado cóntanos nunha reportaxe publicada en Vaca Pinta 19 en que consistiu a recente ampliación e modernización do negocio no que incorporaron robots, unha nodriza, un arrimador de comida OptiDuo, dous cepillos, ventiladores e unha lavadora para o tanque. Todos eles de DeLaval.

Podes ler a reportaxe completa publicada na última edición de Vaca Pinta nesta ligazón ou ver a versión en vídeo sobre estas liñas ou na nosa sección de televisión