Producir leite máis moderno e sostible, o obxectivo de DeLaval

DeLaval comezou as súas obras de reconstrución de 18.000 m² na súa granxa Hamra Farm, que teñen como finalidade conseguir unha produción de leite máis moderno e sostible. O investimento inclúe novos cortellos, catro robots de muxido automático DeLaval VMS™ V300 e outras solucións dixitais para mellorar a saúde, a calidade e a produtividade dos animais.

Con esta iniciativa pretenden aumentar a produción que xa agora era elevada: as vacas da granxa producen de media 12.200 kg de ECM por vaca a o ano. Neste sentido, van duplicar o número de vacas, unha acción que se planificou durante os últimos anos, como explica Johan Bjurevall, director xeral de Hamra Farm: "Levamos moito tempo traballando na planificación e preparación da construción, que albergará cortellos de 550 vacas de leite e 500 xatas das razas SRB e Holstein".

Por outra banda, Hamra Farm sempre promoveu o benestar animal e a máxima calidade e así o defenden desde a entidade: "Sempre prestamos moita atención aos nosos animais e ao seu benestar. Isto forma parte da nosa filosofía: unha boa cría de animais e unha planificación a longo prazo adoitan dar como resultado un bo rendemento", afirma Bjurevall.

A posta en marcha deste proxecto failles estar "enormemente satisfeitos" coas novas posibilidades que ofrece o investimento e de formar parte da planificación e construción dunha granxa "tan moderna" e cun "enfoque a longo prazo".