Primeiro catálogo XY Excellence, de Evolution Iberica XY, de cruzamento cárnico para Holstein

Primeiro catálogo XY Excellence, de Evolution Iberica XY, de cruzamento cárnico para Holstein

Evolution Iberica XY presenta o seu primeiro catálogo XY Excellence para cruzamento cárnico en Holstein co obxectivo de contribuír a optimizar o valor económico dos xatos desde as primeiras idades, sen impactar negativamente na produción de leite. Este obxectivo coincide ademais coa tendencia á alza do uso de seme sexado para deixar a reposición.

Amosan un abano de touros da raza INRA 95, creada mediante programas de selección incluíndo testaxe de rendementos da descendencia, precisamente para conseguir o obxectivo citado dada a súa sobresaliente facilidade de parto e crecemento precoz, ademais de alcanzar uns excelentes índices de transformación no cebo. Todo permite finalmente obter unha valiosa conformación do canal (clasificación EUROP). Outro dos caracteres xenéticos de INRA 95 avaliados en Holstein é a súa fertilidade, que xunto cunha duración de xestación entorno aos 283 días, favorece a optimización do intervalo entre partos nas ganderías leiteiras.

Catálogo XY EXCELLENCE

Para máis información: Sebastián Martín 609 04 75 83/sebastian@evolutioniberica.es