Pöttinger presenta a súa nova sementadora AEROSEM FDD en combinación coa grade rotativa LION 103 C

A marca austriaca Pöttinger –que importa e distribúe en exclusiva para España Durán Maquinaria Agrícola– acaba de presentar as súas novidades para o próximo ano. De todas elas destacamos dúas nesta ocasión: a nova serie 103 C das grades rotativas LION e a nova sementadora con tolva frontal AEROSEM FDD.

NOVAS GRADES ROTATIVAS LION 103 C

A nova serie 103 C das grades rotativas LION inclúe os modelos LION 403 C e LION 503 C, de 4 e 5 m de ancho de traballo e de 16 e 20 rotores, respectivamente.

O seu deseño compacto, grazas a un chasis plegable montado na caixa de engrenaxes, sitúa o centro de gravidade máis preto do tractor e permite un menor efecto sobre o eixe dianteiro. Ademais, os cilindros de plegado (dous a cada lado) integrados no cabezal non só están sumamente protexidos contra o po e a sucidade senón que proporcionan unha boa visibilidade de toda a máquina e unha gran fiabilidade.

Ampliar información aquí.

SEMENTADORA AEROSEM FDD: COMBINACIÓN DE TOLVA FRONTAL E TREN DE SEMENTEIRA

Este novo desenvolvemento de Pöttinger consiste nunha sementadora con tolva frontal e tren de sementeira montado sobre grade rotativa LION 103 C (citada anteriormente), o que dá lugar a un equipo compacto e da máxima flexibilidade. Este deseño curto da grade rotativa implica, ademais, que o centro de gravidade da máquina está moi preto do eixe traseiro do tractor.

A nova serie inclúe os modelos AEROSEM 4002 FDD e AEROSEM 5002 FDD, de 4 e 5 metros de ancho de traballo, respectivamente, ambas as dúas con tren de sementeira DUAL DISC tolvas frontais de 1.700 litros ou 2.300 litros (en opción).

Ampliar información aquí.