Trioplast, da man do seu distribuidor na zona, Delagro S. Coop, estivo presente en Gandagro para presentar aos asistentes as súas solucións en plásticos para ensilado.
O responsable comercial en España da compañía, Fran Cerón, aproveitou tamén para falarnos da edición solidaria de Trioplus por cores, destinada á loita contra o cancro. Na entrevista en vídeo, Cerón fálanos da orixe desta iniciativa, da simboloxía de cada cor e dos resultados da mesma ata o momento.