Coincidindo cos 100 anos de Pioneer (Corteva), o servizo agronómico da marca quixo facer un recoñecemento a dúas gandarías coas que levan traballando de maneira ininterrompida desde hai 25 anos. SAT Os Agros, de Santa Comba (A Coruña), e Gandería O Moreno, de Lourenzá (Lugo), representan a aposta pola calidade desde a alimentación do gando ata o produto final e, nese proceso, Pioneer supón un primeiro paso importante polo que lles preguntaron aos responsables de ambas gandarías.
María, de SAT Os Agros, afirma que comezaron a sementar Pioneer no ano 2001 e viron que existían outros potenciais de produción aos que non estaban afeitos. Desde entón non cambiaron, xa que mesmo en anos malos tiveron producións medias-altas. Pola súa parte, José Ramón, de Gandería O Moreno, engade que non só é o potencial de produción senón a calidade da colleita, xa sexa silo ou pastone, o que marca a diferenza.
Para José Ramón, só había dúas ou tres empresas que venderan millo de ensilado. Os primeiros anos probaron de todo, pero axiña tiveron claro que Pioneer tiña que ser a súa aposta. Javier, de Os Agros, valora moito o seu servizo técnico, que sempre velou polos seus intereses e, en xeral, foilles moi ben.